No DOG do 29 de xaneiro de 2018 publícase a Resolución de data 26 de decembro do 2017 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, anunciándose a súa convocatoria para o periodo 2018-2019.
O obxecto destas bases reguladoras é establecer o réxime das axudas destinadas a mellorar, ampliar e/ou modernizar as empresas existentes que desenvolven actividades non agrícolas en zonas rurais, mediante o apoio á adquisición de equipamentos produtivos e a execución de obras necesarias para a súa instalación, co fin de reforzar o tecido empresarial no territorio rural galego e mellorar a súa competitividade, inducir á xeración de novos empregos, consolidar os existentes e, en última instancia, dinamizar a economía dos territorios rurais.
Cun financiamento de 2.000.000 de euros para a anualidade de 2018 e de 2.500.000 euros para o ano 2019, o prazo para solicitar as subvencións remata o 28 de febreiro de 2018.
Acceso a DOGA Máis subvencións