
Contenidos del artículo:
Decreto 102/2017
O obxecto da presente nota é o de analizar o contido do Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017, publicado no Diario Oficial de Galicia en data 20 de outubro de 2017.
Cotemplándose no seu art. 2 o seu carácter subsidiario con respecto a calquera outro sistema de cobertura de danos, a excepción de que non se logre a íntegra reparación, podendo ser outorgadas, por interese público, social, económico e humanitario, en réximen de concesión directa.
No seu art. 5 se refiren os beneficiarios destas axudas, comprendendo:
a) As persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sufrisen danos que afecten tanto o inmoble como o enxoval doméstico.
b) Os titulares dos establecementos comerciais, mercantís, industriais e turísticos en que se producisen danos derivados directamente dos incendios.
c) Os titulares de explotacións forestais, agrícolas e gandeiras, polos danos e perdas derivados directamente dos incendios, así como os titulares de maquinaria afectada por incendios forestais.
d) As entidades locais, para facer fronte aos gastos derivados das actuacións levadas a cabo como consecuencia dos incendios e aos danos causados nos bens e dereitos de titularidade municipal polos incendios.
e) As confrarías de pescadores polos danos nos bancos marisqueiros derivados dos incendios.
f) As asociacións, clubs e entidades deportivas sen ánimo de lucro polos danos nas súas instalacións derivados dos incendios”.
Contemplándose no seu art. 6 axudas por danos persoais por falecemento, incapacidade permantente absoluta e hospitalización e no seu art. 7 axudas para reposición de infraestructuras e equipamentos privados danados, comprensivas de:
1. Será obxecto de axuda a reparación dos danos causados polos incendios nas seguintes infraestruturas de titularidade privada situadas en terreos forestais:
a) Pistas forestais.
b) Captacións de auga.
c) Cerramentos e os seus complementos.
d) Bebedoiros.
e) Comedeiros.
2. Así mesmo, será obxecto de axuda a reparación dos danos causados na maquinaria e equipamento agrícola ou forestal ocasionados en tarefas de colaboración nos labores de extinción de incendios forestais, na medida en que non fose cuberta pola Administración xeral do Estado.
Poderán ser obxecto tamén de axuda aquelas plantacións privadas nas condicións que se establezan, así como aqueles amoreamentos de madeira cortada afectada polos incendios forestais”.
E, referindo, no seu art. 8, polo que respectaría ós danos en vivendas:
1. Serán obxecto de axuda os danos causados polos incendios sinalados anteriormente na vivenda que constitúa a residencia permanente e habitual dos seus moradores e nas súas instalacións complementarias, na parte non comprendida tanto polas axudas que aproben outras administracións públicas como por calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, estatal ou internacional, do que poidan ser beneficiarios os afectados, e polo importe correspondente ata cubrir como máximo o 100 % do valor de reparación ou reposición do inmoble danado, sen que en ningún caso o importe da dita axuda, en conxunto, poida superar o límite do 75 % do prezo de venda dunha vivenda protexida de réxime xeral na mesma localidade.
2.Serán obxecto de axuda os danos causados no resto das vivendas ata acadar o 40 % do valor de reparación ou reposición do inmoble danado, sen que en ningún caso o importe da dita axuda poida superar o 40 % do 75 % do prezo de venda dunha vivenda protexida de réxime xeral na mesma localidade. As vivendas deberán dedicarse, polo menos, a vivenda ocasional, e quedan excluídas destas axudas as edificacións ruinosas e as que estean en manifesto abandono”.
Engadindo importe máximo de 3.000 euros para instalacións complementarias e, no relativo ó enxobal doméstico, ata o 100% en caso de vivenda habitual e do 40% en vivenda ocasional.
No seu art. 9 se contemplan axudas para establecementos, comprendendo edificacións, instalacións, maquinaria e nas mercadorías nelas depositadas, así como nos vehículos comerciais ou industriais afectos a estas actividades e no art. 10 con respecto a explotacións agrícolas e gandeiras, respectando as axudas comunitarias.
Con respecto das entidades locais, no art. 11, se sinala:
1. Serán obxecto de axudas os gastos derivados das actuacións levadas a cabo como consecuencia dos incendios e os danos causados nos bens de titularidade municipal prexudicados polos incendios.
Estas axudas terán, en todo caso, carácter complementario ás que sexan aprobadas por outras administracións.
2.Quedarán excluídas as infraestruturas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica
Facultándose á Consellería do Medio Rural para realizar actuacións de reparación en montes veciñais, montes de varas ou Sofor, na súa Disposición Segunda e na Disposición Adicional Terceira á Consellería de Infraestruturas e Vivenda para contribuír a sufragar custes de aloxamento e na Disposición Derardeira Primeira ós titulares das Consellerías competentes para o desenvolvemento do Decreto.
Debendo agardarse ó ditame de tales Ordes de axudas para o inicio do cómputo do prazo de solicitude polos posibles beneficiarios.
_
DOGA 31 do outobro
No Diario Oficial de Galicia de 31-10-17 se publicou a Orde conxunta do 27 de outubro de 2017 mediante a que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017.
Do seu contido destacar as seguintes axudas:
a) Axudas específicas destinadas a entidades locais, contemplándose no seu art. 12 a suscrición de Convenios coas Entidades Locais afectadas polos incendios, sendo gastos subvencionables:
“a) Os gastos derivados das actuacións levadas a cabo para a extinción dos incendios e protección da seguridade das persoas e bens como consecuencia dos incendios.
b)Os gastos derivados da reparación ou reposición dos bens de titularidade municipal prexudicados polos incendios, que non sexan obxecto doutras axudas previstas nesta orde conxunta”.
Regulándose no seu art. 13 axudas para reposición da sinalización turística afectada polos incendios, en procedemento de concorrencia competitiva e podendo alcanzar un máximo de 20.000 euros por Concello.
Sendo o prazo para a presentación de solicitude de axuda, neste último caso, o de 1 mes desde publicación no Diario Oficial de Galicia (polo tanto, vencendo en data de 30 de novembro de 2017).
b) Axudas destinadas ao aloxamento provisional das persoas cuxas vivendas resultaron danadas polos incendios así como a sufragar os gastos nas vivendas danadas e o seu enxoval doméstico.
Resultando as accións subvencionables e a contía das axudas previstas con respecto do aloxamento provisional:
“1. Subvencionarase o custo mensual do alugamento dunha vivenda para residencia provisional para a unidade de convivencia que habitaba a vivenda danada, en canto esta non recupere as condicións que permitan a súa nova ocupación. Ademais, concederase á persoa beneficiaria unha axuda complementaria para o suposto da formalización dun contrato de alugueiro, para efectos de atender as obrigas derivadas da constitución de fianza e da alta en subministracións.
- A subvención máxima da renda mensual non poderá superar os 450 euros, para as vivendas situadas nos concellos incluídos na zona territorial I e os 400 euros, para os restantes concellos de Galicia, que se corresponden coa zona territorial II[1], de conformidade co anexo I do Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo que se establecen as axudas publicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 2066/2008, do 12 de decembro, para o período 2009-2012.
- Esta axuda terá unha duración máxima de dous anos, contados desde a formalización do contrato de alugueiro.
- O importe da axuda complementaria para atender aos gastos iniciais vinculados ao arrendamento da vivenda será dun máximo de 600 euros”.
Sendo o prazo para a presentación de solicitude de axuda o de 1 mes desde publicación no Diario Oficial de Galicia (polo tanto, vencendo en data de 30 de novembro de 2017), pero rematando anticipadamente co esgotamento da dotación orzamentaria, do cal se realizará publicación en dito Diario Oficial.
Polo que respectaría ós danos en vivendas e enxoval doméstico, as actuacións subvencionables, serían as seguintes:
1.- Danos causados na vivenda que constitúa a residencia habitual e permanente dos seus moradores, na parte non comprendida nas axudas que poidan aprobar outras administracións, ou calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, estatal ou internacional, de que poidan ser beneficiarias as persoas afectadas.
O importe máximo das axudas neste caso poderá acadar o 100 % do valor de reparación ou reposición do inmoble danado, sen que en ningún caso o importe da dita axuda poida superar o 75 % do prezo máximo de venda dunha vivenda protexida de réxime xeral na mesma localidade.
2.- Danos causados no resto das vivendas, na parte non comprendida nas axudas que poidan aprobar outras administracións, ou calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, estatal ou internacional, de que poidan ser beneficiarias as persoas afectadas.
O importe máximo das axudas neste caso poderá acadar ata o 40 % do valor de reparación ou reposición do inmoble danado, sen que en ningún caso o importe da dita axuda poida superar o 40 % do 75 % do prezo máximo de venda dunha vivenda protexida de réxime xeral na mesma localidade. As vivendas deberán dedicarse, cando menos, a residencia ocasional, e quedan excluídas destas axudas as edificacións ruinosas ou que se atopasen en manifesto abandono.
3.- Para os efectos destas axudas incluiranse na vivenda as construcións anexas e instalacións complementarias da vivenda danada, e os elementos comúns, na porcentaxe correspondente á súa vivenda, no caso de comunidades de propietarios.
Entenderanse como instalacións complementarias as construcións e equipamentos de apoio á economía e vida familiar tales como pozos, hórreos, alpendres, invernadoiros para autoconsumo, instalacións eléctricas e de iluminación, instalacións de telecomunicacións, etc. sempre e cando estean localizados no mesmo predio da vivenda. A porcentaxe subvencionable destas construcións anexas, instalacións complementarias ou elementos comúns será do 100 % do valor de reparación ou reposición no caso de estaren asociadas á vivenda habitual danada, ou do 40 % no caso de vivenda ocasional, sen que en ningún caso o importe máximo de axudas por este concepto supere os 3.000 euros.
4.- Serán igualmente obxecto de axuda os danos sufridos no enxoval doméstico de primeira necesidade, cando non estivesen incluídos nas axudas que para o mesmo efecto puidesen aprobar outras administracións ou calquera outro sistema de cobertura de danos e sempre que os danos da vivenda sexan obxecto de subvención. O importe da axuda será de ata o 100 % dos gastos de reparación ou reposición no caso de vivenda habitual ou do 40 % no caso de vivenda ocasional. En calquera caso, o importe da subvención por este concepto non poderá ser superior aos 3.000 euros.
5.- Non terán a consideración de gastos subvencionables aqueles que sexan exclusivamente de carácter estético”.
Sendo o prazo establecido para a solicitude destas axudas o de 3 meses desde publicación no Diario Oficial de Galicia (polo tanto, vencendo en data de 30 de xaneiro de 2018), pero rematando anticipadamente co esgotamento da dotación orzamentaria, do cal se realizará publicación en dito Diario Oficial.
c) Axudas para establecementos comerciais, mercantís e industriais afectados polos incendios, sendo os gastos indemnizables:
Para estes efectos, consideraranse os danos causados nas súas edificacións, instalacións, maquinaria, bens de equipamento, vehículos, mobiliario, utensilios e existencias, sempre e cando estean afectos ás devanditas actividades empresariais e/ou profesionais. Así mesmo, bonificaranse os tipos de xuro dos préstamos dedicados a financiar a restitución dos danos referenciados no anterior número 1, segundo os requisitos e procedemento establecidos nas resolucións do 14 de xullo de 2017 polas que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a bonificación dos custos do financiamento das pequenas empresas de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000,00 euros e das microempresas titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 euros, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (liña pequenas empresas e liña microempresas) (DOG nº 142, do 27 de xullo de 2017)”.
A axuda será do 75 % do valor neto contable ou do reflectido no informe pericial de taxación, de ser o caso, dos elementos danados.
O límite máximo subvencionable por beneficiario será de 600.000 euros, e non poderá exceder os 100.000 euros no caso de existencias e os 500.000 euros no caso dos demais conceptos.
Sendo o prazo para a presentación de solicitude de axuda o de 1 mes desde publicación no Diario Oficial de Galicia (polo tanto, vencendo en data de 30 de novembro de 2017).
d) Axudas para reposición de infraestructuras e equipamentos privados danados polos incendios, sendo as contías de axudas previstas:
1. A contía da axuda calcularase con base no establecido nas alíneas seguintes:
- a) Liña I: no caso de reparación dos danos causados a infraestruturas, será do 100 % do investimento elixible calculado de acordo coa base sexta deste capítulo, cun límite máximo por persoa beneficiaria de 15.000 euros.
- b) Liña II: no caso de maquinaria e equipamento forestal danados en tarefas de colaboración nos labores de extinción, será do 100 % do investimento elixible calculado de acordo coa base sexta deste capítulo, cun límite máximo por persoa beneficiaria de 50.000 euros.
- c) Liña III: no caso dos gastos da madeira amoreada queimada e de corta, recollida e estelado da madeira queimada non comercial será do 100 % do investimento elixible calculado de acordo coa base sexta deste capítulo, cun límite máximo por persoa beneficiaria de 25.000 euros.
- Como requisito para as liñas de axuda I, II, III, IV e VII deberanse presentar tres orzamentos de diferentes provedores en que se desagreguen detalladamente e se cuantifiquen os custos das actuacións que se van realizar”.
Sendo os conceptos subvencionables:
“1. Serán subvencionables os seguintes conceptos:
a) Liña I: a reparación dos danos causados polos incendios en terreos forestais de titularidade privada nos seguintes investimentos:
Pistas forestais.
Captacións de augas (caseta en que figura a toma de auga, instalación de distribución).
Cerramentos (cancelas, colocación de postes, malla ou arame, pasos do gando).
Bebedoiros e comedeiros. No caso de que quedasen inutilizados poderán ser substituídos por bebedoiros e comedeiros móbiles.
b) Liña II: os gastos de reparación dos danos causados na maquinaria e no equipamento forestal ocasionados en tarefas de colaboración nos labores de extinción de incendios forestais ou ocasionados por estes. No caso de que quedasen inutilizados poderán ser substituídos por nova maquinaria (nova ou de segunda man).
c) Liña III: os gastos de extracción ou eliminación de madeira de corta comercial amoreada na zona afectada polos lumes. Tamén serán subvencionables a corta, a recollida e o estelado da madeira queimada non comercial en pé”.
Sendo o prazo para a presentación de solicitude de axuda o de 1 mes desde publicación no Diario Oficial de Galicia (polo tanto, vencendo en data de 30 de novembro de 2017).
Regulándose tamén na Orden analizada axudas para danos producidos en establecementos turísticos, asociacións, clubs e entidades deportivas sen ánimo de lucro polos danos nas súas instalacións, a titulares de terreos cinexéticos ordenados, a explotacións agrícolas e gandeiras e a entidades de carácter asociativo no ámbito competencial da Consellería do Mar.
Accede al DECRETO Accede al DOGA