DEREITO FISCAL Y TRIBUTARIO

O dereito fiscal e tributario ocúpase de regular os impostos cuxo control corresponde á Administración Pública. Dada a especial transcendencia que ten o ámbito tributario na esfera privada e empresarial, o despacho de avogados de Calixto Escariz presta un servizo completo de asistencia e asesoramento xurídico na tramitación e resolución de todo tipo de procedementos e actuacións tributarias, tanto a particulares como a empresas. Mediante unha análise pormenorizada de cada caso en particular, avalíanse as diferentes alternativas e os seus riscos, a fin de obter o maior aforro fiscal de conformidade coa normativa tributaria.

Os servizos en materia de dereito fiscal e tributario que ofrece o despacho de avogados de Calixto Escariz son os seguintes:

  • Planificación e asesoramento en herdanzas e sucesións.
  • Fiscalidade das operacións inmobiliarias (IVE, ITP, etc.).
  • Cálculo e liquidación de impostos directos e indirectos (Sucesións, IRPF, etc.)
  • Planificación fiscal de patrimonios familiares e empresariais.
  • Comprobacións de valor e limitadas (?paralelas? ou complementarias).
  • Asesoramento en calquera ámbito da administración tributaria, tanto estatal (Axencia Tributaria) como autonómico (Axencia Tributaria de Galicia) ou local, en inspeccións, procedementos de comprobación, alegacións, recursos, reclamacións económico-administrativas e todo tipo de procedementos tributarios administrativos e contenciosos ante os Tribunais de Xustiza.
  • Recursos ante o ORAL.
  • Elaboración de ditames e asistencia letrada a administracións públicas.
  • Informes de fiscalidade, con estudo das opcións tributarias máis beneficiosas.
  • Formulación de consultas á Dirección Xeral de Tributos.
  • Fiscalidade Local (IBI, Imposto sobre o Incremento do Valor de Terreos de Natureza Urbana ?plusvalía?, ICIO, taxas, etc.)
  • Especialidade en fiscalidade autonómica galega.
  • Especialidade en tributación das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común. En particular, solicitudes de exención de IBI.