Un equipo de avogados especializados nesta área ofrece solucións eficaces en materia de Dereito Civil e Dereito Civil de Galicia, con atención de calidade para a resolución de todos aqueles conflitos entre particulares.
- Propiedade (Reivindicatorias e Deslindes). Copropiedade (Extinción da copropiedade. Dereitos e Obrigacións dos copropietarios). Propiedade Horizontal (Cotas. Obras en elementos comúns. Problemas con prazas de garaxe. Xestión dos órganos de goberno da Comunidade de propietarios).
- Servidumes: Constitución e extinción de servidumes (de paso, luces e vistas…)
- Asesoramento e redacción de contratos: Reclamacións por incumprimento ou cumprimento defectuoso. Reclamacións de cantidade. Indemnización por danos e prexuízos. En especial, contrato de obra e vicios da construción.
- Arrendamentos: Asesoramento e redacción de contratos de arrendamento de vivenda e locais de negocio. Dereitos e obrigacións de arrendador e arrendatario (obras de reparación, fianza -depósito en organismos oficiais-, renda). Necesidade da vivenda polo arrendador. Vencimientos e prórrogas. Procedementos de desafiuzamento. Desafiuzamento entre coherederos, entre outros.
- Dereito de familia: Separacións e divorcios. Relacións paterno filiais. Liquidación do réxime económico matrimonial.
- Dereito de persoa: Procedementos de incapacitación. Nomeamento/ revogación de titor.
- Dereito sucesorio: Testamentos. Desheredación. Sucesión lexítima. Usufructo do cónxuxe viúvo. Sucesión intestada. Declaración de herdeiros ab intestato. Aceptación e repudiación da herdanza. Aceptación da herdanza a beneficio de inventario. Legados. Partición da herdanza (Procedemento de partición xudicial, de común acordo polos herdeiros ou a través de contador-partidor). Débedas da herdanza.
- Especialidades de Dereito Galego en materia de sucesións: Testamento “do un para o outro”. Apartación. Pacto de mellora. Usufructo universal do cónxuxe viúvo. Partición da herdanza “por maioría”.
- Rexistro da propiedade e Catastro. Trámites de inscrición ante o Rexistro da propiedade ante a falta de escrituras. Cancelación de cargas.
Responsabilidade civil. - Procesos civís e hipotecarios.
- Protección de datos persoais.
- Reclamacións de cantidade.
- Protección dos dereitos fundamentais da persoas.
- Dereitos de propiedade intelectual