O proxecto adxudicado consistiu na realización dunha análise de situación, estudo previo e diagnose inicial dos equipamentos sociais, culturais, turísticos e deportivos dos concellos do norte de Portugal e do sur de Galicia dentro do proxecto transfronteirizo O101_GNP_AECT_1_E, cofinanciado con fondos Feder nun 75 %.
Dende o despacho de Calixto Escariz encargámonos da parte xurídica do proxecto, analizando as distintas formas de xestión transfronteiriza que se poderían desenvolver e propoñendo a que se considerase máis aconsellable, preparando a documentación necesaria para a súa implementación e definindo o procedemento a seguir.
O obxectivo do proxecto foi implementar fórmulas para a xestión compartida de servizos sociais, culturais, deportivos e turísticos entre o sur de Galicia e o norte de Portugal.
EXTRACTO DO DOCUMENTO
Este proxecto consistiu na realización de accións tendentes a desenvolver servizos comúns na eurorrexión. A Dirección Xeral de Administración Local foi a encargada da actividade proposta que tivo como finalidade a elaboración dun documento marco do estado de situación e propostas para compartir equipamentos sociais, culturais, turísticos e deportivos do Sur de Galicia e Norte de Portugal.
Este documento marco permitiu a racionalización dos servizos e equipamentos públicos, coa lóxica base da utilización conxunta e tendo en conta criterios innovadores de racionalización, eficiencia e eficacia na utilización dos recursos públicos do territorio transfronteirizo.
O documento estruturouse nos seguintes bloques: