
Pola Orde da Consellería de Medio Rural de data 26 de decembro de 2017, publicada no DOG do 10 de xaneiro, desenvólvense determinados aspectos das axudas destinadas á reparación dos danos en establecementos comerciais, mercantís e industriais afectados polos incendios de outubro de 2017, entre eles:
-En canto á bonificación dos tipos de xuro dos préstamos para financiar a restitución ou a reparación dos elementos danados, a mesma terá as seguintes particularidades:
1- As operacións de préstamo serán formalizadas exclusivamente con fondos da propia entidade financeira e poderán contar co aval dunha SGR.
2- O importe máximo do préstamo bonificable virá determinado polos límites de contía de axuda establecidos na base terceira.
3-Poderanse financiar investimentos realizados no prazo de execución, comprendido entre o 1 de outubro de 2017 ata o 30 de setembro de 2018.
-En canto a quién debe ser o asinante das solicitudes: será o titular da actividade ou aquel que teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. No caso de representación, esta deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.*
-Aos titulares que sexan persoas físicas pediráselle a acreditación da alta no réxime de autónomos.
-En todos os casos de solicitudes, será obrigatoria a presentación dun informe pericial de valoración dos danos asinado por perito colexiado.
-Para a xustificación e pagamento das axudas, no caso de investimentos en obra civil terase que achegar a licencia municipal de obra.
No DOG de data 18 de xaneiro de 2018, corríxese un erro na Orde de 26 de decembro de 2017:
*En concreto, engádese que tamén será necesario que o firmante da solicitude sexa a representante legal, no caso das agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de persoalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, actividades ou comportamentos ou se encontren na situación que motiva a concesión da subvención.
Se queres solicitar axudas para reparación de danos en vivendas, pica aquí.