No Diario Oficial de Galicia de 21 de decembro de 2017 publícase a Orde do 13 de decembro de 2017 da Consellería de Infraestructuras e Vivenda pola que se regulan os pagamentos anticipados nas axudas destinadas a sufragar os danos nas vivendas e no seu enxoval doméstico causados polos incendios acaecidos en outubro.
Dada a cantidade de demandas das persoas damnificadas, e por haberse constatado a imposibilidade de iniciar as obras de reparación por non contar cos recursos para as primeiras actuacións, a Consellería habilita a posibilidade de realizar pagamentos antincipados para que se poida solicitar un adianto da subvención.
Así as cousas, na Orde disponse que as persoas beneficiarias (con subvención concedida) poden solicitar pagamentos anticipados de ata o 25 % da subvención sen necesidade de constituir ningunha garantía.
Documentos a presentar: a solicitude de anticipo recollida no Anexo IV da Orde debidamente cumprimentada.
Lugar de presentación: Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo onde estea situada a vivenda.
Acceso al DOGA