ESPECIALIZADOS EN DEREITO ADMINISTRATIVO
Ademais, o noso equipo xestiona asuntos nas seguintes especialidades
MÁIS DE 20 ANOS DEDICADOS ÁS COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN
Galicia conta, a día de hoxe, con máis 2.800 Comunidades de Montes Veciñais de Man en Común, encargadas de xestionar ás máis de 700.000 hectáreas de monte veciñal galego.
A propiedade comunal dos montes veciñais en man común, con independencia da súa orixe, é de natureza privada e colectiva, correspondendo a súa titularidade dominical e aproveitamento, sen asignación de cotas, ao conxunto dos veciños con casa aberta e residencia habitual nas entidades de poboación ás que tradicionalmente estivese adscrito o seu aproveitamento.
Desde Calixto Escariz contamos cun equipo de avogados especializados no dereito forestal, levando a cabo o asesoramento, xestión e defensa de máis de 200 Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.