|

O despacho de avogados ” Calixto Escariz
“ nace en Setembro do ano 1996 con sede na rúa Urzáiz,
nº 21 – 1º dereita en Vigo (Pontevedra).
Nos seus comezos o despacho recolle a experiencia
do seu avogado titular e desenrola actividades na área de
dereito agrario e moi especialmente en cuestións problemáticas
ligadas ó seu principal cliente que son as Comunidades de
Montes Veciñais en Mán Común.
A partir do ano 2001 ata a actualidade, o despacho
ubícase nun novo local situado na rúa Urzáliz,
nº 28 – 1º dereita en Vigo (Pontevedra) ampliando
seu campo de traballo mediante a sucesiva incorporación de
avogados na área de dereito civil, dereito administrativo,
expropiación forzosa, dereito penal e finalmente urbanismo
e ordenación do territorio.
En setembro de 2010, CALIXTO ESCARIZ, SLU., expande a súa área de actuación, coa apertura da delegación de Santiago de Compostela (A Coruña), sita na rúa Eduardo Pondal, nº 30 – 3º A, mantendo as súas áreas de traballo nesta delegación.
|