|

O despacho tivo como obxectivo a forte especialización nas áreas que o compoñen, así como o desenvolvemento dunha tarefa profesional dun alto nivel técnico.
Actualmente está especializado en 2 áreas: dereito civil e dereito administrativo.
Na área de dereito civil, trátanse, principalmente, reclamacións de propiedade e demais dereitos reais (neste campo, cabe destacar, o servizo prestado ás Comunidades de Montes Veciñais en Man Común), accións derivadas do cumprimento de contratos e outras obrigacións, dereito de familia e sucesións, mercantil, delitos comúns, así como derivacións fiscais destes asuntos.
A área de dereito administrativo asume a llevanza de procedementos administrativos e contencioso-administrativos en relación con:
Dereito de montes (expedientes de clasificación de montes veciñais en man común, expedientes de deslindes, autorizacións e concesións, concentración parcelaria, convenios e consorcios forestais, fiscalidade de montes). Actividade de fomento das Administracións Públicas.
Expedientes de Responsabilidade patrimonial, Dereito administrativo sancionador, bens públicos, función pública, contratación administrativa, sectores regulados (enerxía, minas, costas, augas, portos, estradas, medio ambiente, dereito sanitario, dereito do deporte).
Así mesmo, e dentro desta área, en temas de Urbanismo, o despacho asume o tres partes esenciais deste sector do ordenamento xurídico como son 1.-planificación urbanística (alegacións en vía administrativa e/ou, recursos xurisdiccionais contra instrumentos de plan urbanístico e ordenación do territorio ? proxectos sectoriais -, así como a promoción e tramitación dos mesmos). 2.- Intervención urbanística (expedientes de ruína, licenzas de obra, licenza de actividade e/ou obra, ordes de execución, etc). 3.- Disciplina urbanística (procedementos sancionadores e/ou de restauración da legalidade urbanística, así como actos ou procedementos correlativos ? v.g. multas coercitivas, proxectos de legalización. O tres partes en vía administrativa ou xurisdiccional.
No despacho, disponse dunha forte especialización en materia de Xestión Urbanística e Expropiacións, levando cuestións referentes á tramitación administrativa dos sistemas de xestión urbanística como puidesen ser alegacións en vía administrativa e/ou recursos xurisdiccionais contra proxectos de equidistribución, proxectos de compensación, expropiación, etc., ademais de expropiacións.
En referencia aos servizos prestados á Administración, o despacho realiza asistencia xurídica a Concellos, expedientes de deslinde de termos municipais, confección de inventarios de bens e dereitos da Administración local. Tamén colabora con outros entes públicos no desenvolvemento, fundamentalmente, de proxectos sectoriais.
|