DEREITO LABORAL

O Despacho, no ámbito do Dereito Laboral e da Seguridade Social, ofrece asesoramento legal en todas as materias relativas ás relacións laborais (no ámbito público e privado) e da seguridade social, asistencia previa á vía xudicial e asistencia letrada ante a xurisdición social.

Emprego no sector público: Funcionarios (de carreira e interinos). Persoal eventual e persoal laboral (indefinido e temporal- conversión en indefinido non fixo).

Emprego no sector privado:

  • Contrato de traballo: Obrigación de entrega de copia básica. Período de proba. Pacto de plena dedicación. Pacto de non competencia. Modalidades de contrato de traballo.
  • Dereitos e deberes na relación laboral: Dereito á ocupación efectiva. Dereito á promoción e formación profesional. Deberes do traballador na execución do traballo.
  • Facultades empresariais de control: Uso de teléfono, internet e correo electrónico. A pegada dixital. Verificación da situación do estado de enfermidade ou accidente do traballador.
  • Clasificación profesional e mobilidade funcional.
  • Tempo de traballo: Xornada laboral. Vacacións. Quendas de traballo. Horas extraordinarias. Permisos e redución de xornada. Suspensión do contrato de traballo: excedencias.
  • Modificación substancial do contrato de traballo.
  • Sucesión de empresa.
  • Extinción do contrato de traballo.
  • Reclamacións por despedimentos (Despedimento por causa obxectiva. Despedimentos disciplinarios. Despedimentos colectivos). Asistencia no SMAC. Reclamacións FOGASA.
    Faltas e sancións disciplinarias.

Prevención de riscos laborais:

  • Recarga de prestacións por infracción da normativa de prevención de riscos laborais.
  • Reclamación previa e xudicial fronte ás sancións administrativas por infracción da normativa de prevención de riscos laborais.

Seguridade social:

  • Prestacións da Seguridade Social: Pensión de xubilación. Prexubilación. Xubilación anticipada.
  • Incapacidade temporal. Incapacidade permanente: Parcial. Total. Absoluta. Gran invalidez. Accidentes de traballo.
  • Infraccións e sancións administrativas.