MÁIS DE 20 ANOS ESPECIALIZADOS EN COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN

Galicia conta, a día de hoxe, con máis de 2.900 Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, encargadas de xestionar máis de 700.000 hectáreas de monte veciñal, estendéndose por 248 dos 316 Concellos de Galicia, e ocupando un 25% do territorio galego aproximadamente. Os montes veciñais en man común son unha forma de copropiedade germánica, cunha regulación específica, que prevé que os montes veciñais son bens indivisibles, inalienables, imprescriptibles e inembargables, dada a súa especial natureza colectiva.

A propiedade comunal dos montes veciñais en man común, con independencia da súa orixe, é de natureza privada e colectiva, correspondendo a súa titularidade dominical e aproveitamento, sen asignación de cotas, ao conxunto dos veciños con casa aberta e residencia habitual nas entidades de poboación ás que tradicionalmente estivese adscrito o seu aproveitamento.

A través dela, xéranse importantes beneficios para o territorio desde o punto de vista social, económico e ambiental, coa súa correspondente revalorización, pero tamén como xerador de emprego, permitindo así un maior goce do terreo por parte da comunidade de veciños. Estas comunidades xestionan a segunda fase do ciclo produtivo, o que supón unha transformación dos recursos dispoñibles nestes territorios e o aproveitamento forestal dos mesmos. En particular, cabe destacar os seguintes usos e vantaxes do monte veciñal:

  • Explotación forestal e de recursos naturais
  • Aproveitamento gandeiro
  • Produción
  • Potenciación de zonas recreativas e de sendeirismo

As Comunidades de Montes ocúpanse da administración e uso sustentable dos montes co obxectivo de manter e conservar a súa biodiversidade, produtividade e capacidade de rexeneración, mediante un aproveitamento responsable e sustentable, desde o punto de vista ecolóxico, social e cultural.

En Calixto Escariz contamos cun equipo de avogados especializados en comunidades de montes e en dereito forestal, levando a cabo o asesoramento, xestión e defensa de máis de 200 comunidades de montes veciñais en man común. Cunha ampla experiencia en Galicia durante máis de 20 anos, os servizos que se ofrecen ás comunidades de montes son os seguintes:

  • Procesos de reclamación de monte veciñal fronte a particulares e/ou entidades públicas. Reivindicatorias de propiedade.
  • Representación e asistencia ás asembleas xerais.
  • Organización de eleccións a Xunta Reitora.
  • Organización das comunidades: reforma de Estatutos.
  • Consultas, informes e litixios sobre a condición de comuneiro.
  • Proxectos de ordenación e plans técnicos de xestión de montes.
  • Expedientes de clasificación.
  • Deslindes.
  • Tramitación de subvencións públicas.
  • Contratación: arrendamentos, cesións, permutas, dereitos de superficie.
  • Regulación de aproveitamentos.
  • Inscricións no Rexistro de Terreos Forestais de Pastoreo.
  • Tributación dos montes veciñais en man común: en especial solicitude de exención de IBI.
  • Expedientes de clasificación de comunidades de montes
  • Asesoramento en materia de funcionamento ordinario
  • Asistencia a asembleas
  • Impugnación de acordos
  • Defensa da titularidade dos montes a través de accións declarativas de dominio e reivindicatorias
  • Negociación e redacción de contratos entre comunidades e terceiros (arrendamentos, dereitos de superficie e ocupación, servidumes, instalación de antenas, liñas eléctricas, parques eólicos, instalacións deportivas, ?)
  • Adquisición e perda da condición de comuneiro
  • Expropiacións e mutuos acordos expropiatorios,
  • Consorcios e convenios entre as comunidades e a Administración Forestal
  • Todo tipo de procedementos xudiciais entre Comunidades, así como de comuneiros ou terceiros alleos á comunidade fronte a estas
  • Reclamacións administrativas fronte a Concellos
  • Permutas de terreos
  • Liquidación de dereitos posesorios
  • Asesoramento en materia fiscal-tributaria e liquidacións de impostos
  • Trámites rexistrais

Así mesmo, os membros deste despacho de avogados participan frecuentemente como relatores en xornadas, charlas, seminarios e congresos en materia de montes veciñais en man común. Ademais, varios avogados de Calixto Escariz participaron na elaboración de normativas autonómicas en materia de montes veciñais en man común (entre elas, a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia).