areas calixto escariz abogados
ESPECIALIZADOS EN DEREITO ADMINISTRATIVO
Como principal eixo do noso despacho, desde esta área xestionamos servizos en materia de dereito administrativo xeneral, así como en urbanismo e ordenación do territorio.

Contratación, subvencións, función pública, responsabilidade patrimonial, normativo, patrimonio público, expropiacións, medio ambiente…

Disciplina urbanística, licenzas e autorizacións, instrumentos de plan e ordenación de territorio…

Ademais, o noso equipo xestiona asuntos nas seguintes especialidades

Un equipo de avogados especializados nesta área ofrece solucións eficaces en materia de Dereito Civil e Dereito Civil de Galicia, para a resolución de conflitos entre particulares.

Asesoramento xurídico (defensa ou acusación particular), baseado no rigor técnico e o respecto ás garantías procesuais e dereitos fundamentais.

Asesoramento e formalización de todo tipo de contratacións, operacións societarias e relacións comerciais, así como cuestións relativas ao dereito de comercio e consumo.

 Asesoramento legal sobre as prestacións que outorga a Seguridade Social dentro da súa acción protectora; e a súa experiencia na aplicación da normativa de Prevención de Riscos Laborais.

Servizo completo de asistencia e asesoramento xurídico na tramitación e resolución de todo tipo de procedementos e actuacións tributarias.

MÁIS DE 20 ANOS DEDICADOS ÁS COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN

Galicia conta, a día de hoxe, con máis 2.800 Comunidades de Montes Veciñais de Man en Común, encargadas de xestionar ás máis de 700.000 hectáreas de monte veciñal galego.

A propiedade comunal dos montes veciñais en man común, con independencia da súa orixe, é de natureza privada e colectiva, correspondendo a súa titularidade dominical e aproveitamento, sen asignación de cotas, ao conxunto dos veciños con casa aberta e residencia habitual nas entidades de poboación ás que tradicionalmente estivese adscrito o seu aproveitamento.

Desde Calixto Escariz contamos cun equipo de avogados especializados no dereito forestal, levando a cabo o asesoramento, xestión e defensa de máis de 200 Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.

comunidades de montes vecinales en mano común